ORIENTACIÓN LABORAL
O concello de Viveiro é Centro colaborador do Servizo Público de Emprego en materia de Orientación Laboral dende decembro de 2.005.
O Servizo Municipal de Orientación e Intermediación Laboral ten como obxectivo o logro da inserción e/ou a mellora da empregabilidade dos/as usuarios/as e o apoio ao tecido empresarial na intermediación laboral e información de interese.
Orientación laboral
A figura do Orientador Laboral intenta ofrecer solucións individualizadas aos traballadores/as e ás persoas demandantes de emprego co obxectivo de intentar mellorar as súas capacidades e adaptar os perfís profesionais ás necesidades do mercado laboral, situar o individuo no ámbito laboral máis idóneo tendo en conta as súas características e o seu entorno.
Dende o Servizo Municipal de Orientación e Intermediación Laboral, prestase unha atención personalizada cunha atención individualizada, seguindo unha concepción teórica humanista que dende o respecto da autonomía da persoa e tendo en conta as súas necesidades lles poda servir para planificar dun xeito racional a procura de emprego e a toma decisións que lle axude a mellorar as súas expectativas de emprego.
Para intentar a mellora de expectativas de emprego dos nosos usuarios/as, realízanse diversas accións que nomeamos a continuación:
Actividades de Orientación Laboral
- Sesións de activación para o emprego.
- Titoría individualizada e Itinerarios Personalizados de Inserción.
- Desenvolvemento dos aspectos persoais para a ocupación.
- Apoio na Procura activa de emprego.
- Información, promoción e divulgación da información de interese ( Ao través da xestión do taboleiro de anuncios e do blogue “empregoviveiro” , o facebook de Orientación Laboral, os portais da propia Consellería, ..
- Información para o autoemprego.
- Punto de información de todos os recursos dispoñíbeis do Servizo Público de Emprego de Galicia, Servizo Emprego Público Estatal, Rede Eures..
- Intermediación e prospección mercado laboral. (captación de ofertas, tanto directas como realizando unha recopilación de fontes secundarias (portais de emprego, boletíns oficiais, prensa...)
Servizos a empresas
- Información subvencións vixentes e sobre organismos de interese para emprendedores e empresas.
- Intermediación Laboral. Colaboración coas empresas ofertando un servizo público de captación de ofertas e preselección de candidatos/as que casen co perfil demandado.
- Blogue de divulgación informativa sobre as necesidades de persoal.
SITUACIÓN: Praza Maior, 1 - 27850 Viveiro.
CONTACTO PARA CITA PREVIA: Tfno: 982560128
Mail: orientacion.laboral@viveiro.es Blogue de divulgación informativa: https://empregoviveiro.wordpress.com/
HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO:
Usuarios derivados do Servizo Público de Emprego.: De luns a xoves de 9.00 a 14.00
Outros usuarios: Venres de 9:00 a 14:00