XORNADA DE SAÚDE DA MULLER SOBRE A OSTEOPOROSE

XORNADA DE SAÚDE DA MULLER SOBRE A OSTEOPOROSE

O CONCELLO DE VIVEIRO E O HOSPITAL POLUSA ORGANIZAN UNHA XORNADA DE SAÚDE DA MULLER SOBRE A OSTEOPOROSE

--A charla será impartida polo xinecólogo deste hospital Ezequiel Cardoso

--Terá lugar este venres, día 28 de marzo, ás 20:00 na sala multiusos da Casa do Concello

Viveiro, 25 de marzo de 2025. O Concello de Viveiro e o hospital Ribera Polusa Viveiro organizan a 2º edición da súa Xornada de Saúde da Muller.

Será este venres, día 28 de marzo, ás 20:00 na sala multiusos da Casa do Concello de Viveiro, no número 1 da Praza Maior. A entrada ao acto será de balde e libre ata completar aforo.

A charla será impartida polo xinecólogo do hospital Polusa, Ezequiel Cardoso. O profesional foi o encargado tamén da primeira edición da xornada, que se desenvolveu o ano pasado centrada na menopausia.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar