XI PREMIOS XOVEN EMPRESARIO/A E MELLOR INICIATIVA EMPRENDORA DE GALICIA

XI PREMIOS XOVEN EMPRESARIO/A E MELLOR INICIATIVA EMPRENDORA DE GALICIA

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE ESTE VENRES A GALA DOS XI PREMIOS XOVEN EMPRESARIO/A E MELLOR INICIATIVA EMPRENDORA DE GALICIA

Viveiro, 24 de maio de 2022. O Concello de Viveiro será este venres, día 27 de maio, o escenario da gala de entrega dos XI Premios ao mellor Xoven Empresario/a e á mellor Iniciativa Emprendedora de Galicia.

Organizados pola Asociación de Xoves Empresarios de Galicia, a entrega de premios será o venres ás 19.30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. haberá tamen accésits á Innovación, a Responsabilidade Social Empresarial e á Creación de Emprego.

Un pracer formar parte do xurado e acoller aos seus participantes en Viveiro; o fomento das iniciativas emprendedoras entre os nosos mozos e mozas debe ser unha prioridade”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Xa na súa XI edición, estes premios son unha referencia para os mozos emprendedores/as de Galicia e contribúen coa súa realización á difusión da cultura emprendedora e o apoio ás novas xeracións empresariais, que son o futuro económico de Galicia.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar