
04
Novembro
XANTAR 2021
O Concello de Viveiro xa está en Xantar 2021
O Concello de Viveiro xa está en Xantar 2021, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra desde hoxe en Ourense, para promocionar o seu atractivo histórico e paisaxístico, a Semana Santa e a súa gastronomía.
O concello conta cun stand propio, no que durante os días da feira se difundirá o material de promoción turística de Viveiro.
Jesús Fernández, teniente de alcalde, e Marisol Rey, concelleira de Turismo, asistiron á inauguración de hoxe.