XANTAR 2021

XANTAR 2021

ÉXITO NA PROMOCIÓN TURÍSTICA E A DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS GASTRONÓMICOS DE VIVEIRO EN XANTAR 2021, ONDE O CONCELLO ATRAE DE NOVO AOS TOUROPERADORES

Viveiro, 8 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro deixou un inmellorable sabor de boca en Xantar 2021, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense, coa degustación dos seus productos e a promoción do seu potencial cultural e paisaxístico.

 

En concreto, na xornada do sábado ofreceuse unha degustación gratuíta de máis de 150 racións de dous produtos gastronómicos vinculados a dúas das festas de Viveiro con declaración de interese turístico: a merluza do pincho (cociñada en empanada) e o Pan dos Apóstolos (doce típico de Semana Santa).

 

Antes do inicio da degustación, o teniente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, realizou unha intervención na que ademais da gastronomía destacou que “somos un municipio hospitalario, de profunda pegada histórica e eminentemente turístico, dotado dos servizos dunha gran cidade e co encanto propio das pequenas vilas”.

 

En palabras da Fernández, “a natureza foi xenerosa con Viveiro, dotándoo de infinidade de paraxes extraordinarias: montaña, mar, ríos e praias, destacando as de Area, Sacido e Covas, todas elas con recoñecidas distincións de calidade”.

 

Viveiro ten no seu patrimonio histórico, tanto civil como relixioso, unha testemuña única da súa devir ao longo dos séculos; a mellor maneira de coñecer a súa historia é percorrendo as súas rúas, gozando da beleza do seu casco antigo e descubrindo os seus numerosos monumentos”, engadiu.

 

O concello contou cun stand propio en Xantar, no que durante os días da feira difundiuse o material de promoción turística de Viveiro.

 

 A concelleira de Turismo, Marisol Rey, mantivo reunións con varios touroperadores portugueses e alemáns, atraídos desde hai tempo polo potencial que ofrece Viveiro durante todo o ano.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro


 

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar