VIVEIRO INCLÚE

VIVEIRO INCLÚE

MOI BOA ACOLLIDA DO CURSO 'COMPRENDER E APOIAR A NENAS E NENOS NO ESPECTRO DO AUTISMO', UNHA INICIATIVA DO CONCELLO QUE FORMA PARTE DE 'VIVEIRO INCLÚE'

Viveiro, 29 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro destaca a elevada inscrición e boa acollida do curso de formación 'Comprender e Apoiar a Nenas e Nenos no Espectro do Autismo'.
 
O programa de formación será impartido este sábado, 3 de decembro, por Marlene Horna Castiñeiras, psicóloga experta con máis de vinte anos de experiencia no apoio das persoas con trastorno de espectro autista (TEA).
 
Esta actividade forma parte de 'Viveiro Inclúe', un proxecto municipal para convertir o concello nun lugar inclusivo para as persoas con diversidade funcional.
 
'Viveiro Inclúe' é unha iniciativa que partiu das concellerias de Benestar Social e Cultura. "Aí naceu 'Superarte', a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, unha referencia a nivel nacional e xa unha prioridade para o noso goberno; ademais, no ano 2021 dedicouse ao TEA", lembra a alcaldesa, María Loureiro.
 
O curso levarase a cabo na Sala Multiusos do Concello de Viveiro o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
 
A formación é de balde para familias e profesionais gracias ao financiamento do Concello de Viveiro, mais é imprescindible a inscrición a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/KDs8hv7vKWytF4Zc7 ou contactando co número de teléfono 698 131 581,  mediante chamada ou envío de WhatsApp.
 
O prazo de inscrición remata mañá mércores 30 de novembro, ou de ser o caso unha vez completado o aforo.
 
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar