
17
Febreiro
VIVEIRO EN NOVATUR
Promoción do Concello de Viveiro na Feira de Novatur en Pamplona
Entre as accións desenvoltas no marco do proxecto que se está levando a cabo para a promoción turística do Concello de Viveiro, cómpre incluír a presenza do noso municipio nas feiras máis importantes do sector que terán lugar nos vindeiros meses. Grazas ás xestións realizadas con Turgalicia, os folletos promocionais do Concello de Viveiro serán distribuídos en Navatur, que se celebrará en Pamplona do 22 ao 28 de febreiro de 2016