VISITA OS CAMPAMENTOS SAHARAUIS

VISITA OS CAMPAMENTOS SAHARAUIS

A CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL DE VIVEIRO VISITA OS CAMPAMENTOS SAHARAUIS DE CARA A ORGANIZAR EVENTOS CULTURAIS SOLIDARIOS

Viveiro, 11 de decembro de 2023. A concelleira de Benestar Social de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, participou nunha visita aos campamentos saharauis en Tindouf, Alxeria, xunto a outros representantes do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Fernández Fernández-Noriega, que fai parte da executiva da entidade, mantivo diversas reunións con colectivos e autoridades saharauis, co obxectivo de "seguir traballando en prol das liberdades e os dereitos fundamentais que teríamos que ter todos e todas”.

Estas reunións desembocarán na realización de “eventos culturais solidarios e conxuntos promovendo a súa cultura, comezando cun festival de cinema saharaui co que recadar fondos para a escola audiovisual da wilaya de Bojador”, sinala a concelleira. “A mocidade saharaui valora moito a importancia de estudar a pesar das condicións hostís nas que viven”, destaca.

Na miña visita atopei un pobo loitador, valente, cunha determinación asombrosa, organizado, moi hospitalario e, sobre todo, cunha dignidade superlativa”, sinala Fernández Fernández-Noriega. “Traio de volta moito traballo para facer, sobre todo para visibilizar a loita saharauiu, unha loita que é de xustiza”, engade.

Nos campos saharauis en Tindouf, a viveirense atopou “unha sociedade absolutamente matriarcal, unha matria con todas as letras”. “Agardo voltar axiña, porque un pedaciño do meu corazón xa ficou no Sahara”, conclúe a concelleira.

A misión política na que participou foi organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade canda a Delegación da República Árabe Saharauí Democrática en Galicia e España e a ONGD Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

A visita incluíu reunións coa gobernadora da provincia de Bojador, Dih Chadad, co primeiro ministro, Bucharaya Beyun, e con representantes da Asociación de Familiares de Prisioneiros Saharauís e Persoas Desaparecidas, das Xuventudes Saharauis ou da Unión de Mulleres Saharauís entre outros.

"Visibilizar e non silenciar esta loita é como mínimo o que podemos e debemos facer", remata Fernández-Fernández-Noriega.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar