
07
Decembro
VISITA GUIADA TEATRALIZADA
O CONCELLO DE VIVEIRO ORGANIZA UNHA VISITA GUIADA TEATRALIZADA O XOVES DÍA 8 PARA COÑECER E SEU PATRIMONIO HISTÓRICO E CULTURAL
Viveiro, 3 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro organiza o próximo xoves, día 8 de decembro, unha visita guiada teatralizada para os veciños e visitantes que desexen coñecer o seu patrimonio histórico e cultural.
A saída será ás 12:00 horas desde a estatua de Pastor Díaz no na praza Maior do Concello de Viveiro. É recomendable anotarse con anterioridade na Oficina de Turismo.
Esta iniciativa ten carácter gratuito e vai dirixida ao público en xeral.
“Temos un amplo patrimonio civil e relixioso, este tipo de iniciativas permiten coñecer a historia de Viveiro e as persoas que asisten quedan sempre moi satisfeitas”, asegura Marisol Rey, concelleira de Turismo de Viveiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro