VESPA VELUTINA

VESPA VELUTINA

O CONCELLO DE VIVEIRO RENOVA A SÚA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA GALEGO DE CONTROL DA VESPA VELUTINA E IMPULSA O TRAMPEO PROFESIONAL PARA MINIMIZAR A APARICIÓN DE NIÑOS

 Viveiro, 13 de abril de 2021. O Concello de Viveiro adheriuse ao convenio para a coordinación de actuación no desenvolvemento do programa galego de vixiancia e control fronte á Avespa Asiática (Vespa Velutina), asinado entre a Xunta de Galicia e a Fegamp, renovando deste xeito a súa adhesión ao protocolo asinado en 2020.

 

O obxecto deste convenio é establecer o marco para dar continuidade á execución de forma coordinada deste programa no 2021.

 

O convenio establece os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes, coa finalidade de garantir a realización das actuacións necesarias que permitan a contención e seguimento da Vespa Velutina, tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola e que tamén ten repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá.

 

A maiores de asinar a adhesión a este convenio, o Concello de Viveiro contratou coa empresa especializada SERPA o servizo de trampeo profesional e a retirada de niños.

 

O trampeo profesional consiste na acción de instalar trampas geolocalizadas cuns atraentes especiais para capturar nos meses primaverais raíñas fundadoras de niños, que tras o seu letargo invernal comezan de novo o seu ciclo. Estas accións estanse a desenvolver entre os meses de marzo e xuño, colocando cada quincena un total de 200 trampas.

 

Este é o terceiro ano que o concello realiza esta acción de trampeo. En 2020 colocáronse un total de 2.157 trampas, dando lugar á captura de 7.335 vespas raíña e zanganera (os dous tipos de avespas teñen a capacidade de iniciar niños pois hibernan xuntas).

 

Dende o concello agárdase que o trampeo profesional deste 2021 continúe minimizando a aparición de niños de velutina.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar