TERMATALIA

TERMATALIA

O CONCELLO DE VIVEIRO ESTARÁ PRESENTE POR PRIMEIRA VEZ CON STAND PROPIO EN TERMATALIA, A FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO TERMAL, DE SAÚDE E BENESTAR

Viveiro, 23 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro continúa co seu programa de promoción turística, co obxectivo de desestacionalizar a chegada de visitantes grazas aos seus atractivos de paisaxe, descanso, gastronomía e patrimonio cultural e natural.

Dentro de esa aposta, o concello participará por primeira vez cun stand propio en Termatalia, a Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar, que se celebra en Ourense os días 29 e 30 de setembro.

Dentro da variedade de turistas que chegan a Viveiro, son moitos os que buscan tranquilidade, descanso e un lugar no que desconectar, por iso temos que aproveitar e impulsar o que Viveiro pode ofrecerlles”, explica Marisol Rey, concelleira de Turismo de Viveiro.

En Termatalia, posicionada como a principal feria de turismo de saúde, participan 25 países. O concello manterá reunións de traballo con touroperadores de Estados Unidos, Francia, Italia, Alemania, Portugal, Irlanda e Inglaterra.

Hai tempo que o turismo xa non é algo só do verán, a xente viaxa todo o ano e busca experiencias que en Viveiro pode atopar, en contacto coa natureza, facendo sendeirismo e descubrindo o noso patrimonio”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.


 

Saúdos, Comunicación de Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar