TERMATALIA

TERMATALIA

O CONCELLO DE VIVEIRO INAUGURA O SEU STAND EN TERMATALIA PARA PROMOCIONAR A VILA COMO DESTINO TURÍSTICO DURANTE TODO O ANO

Viveiro, 29 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro está presente dende hoxe, 29 de setembro, en Termatalia, a Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar. A Feira, que se clausura mañá venres, permite posicionar ao municipio como un destino turístico de descanso e natureza.

 

Por primeira vez, Viveiro conta cun stand propio na feira, que lle permite impulsar o seu programa de promoción turística. O Concello de Viveiro busca desestacionalizar a chegada de visitantes, co obxectivo de promocionar os atractivos do municipio nas distintas épocas do ano.

 

Esta feira permítenos posicionar Viveiro como un destino relevante para os touroperadores. O noso municipio gaña valor, sumando ao habitual turismo de verán, unha oportunidade de turismo de saúde, sendeirismo e natureza”, sinala Marisol Rey, concelleira de Turismo. A edil reuniuse nesta primeira xornada con varios touroperadores internacionais, entre eles Travel Connections, Weekendesk ou Juren&Wellness.

 

Nestas dúas xornadas, o Concello de Viveiro reunirase con touroperadores de Estados Unidos, Francia, Italia, Alemania, Portugal, Irlanda e Reino Unido, ampliando así o turismo estranxeiro. En Termatalia participan 25 países, posicionada como a principal feira de turismo de saúde.


A nosa vila xa conta cunha importante notoriedade como destino turístico no verán, por iso agora nos esforzamos en atraer visitantes noutras épocas, para que gocen do paisaxe, descanso, gastronomía e patrimonio cultural e natural.”, engade a alcaldesa, María Loureiro.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar