TAPICES FLORAIS

TAPICES FLORAIS

O CONCELLO DE VIVEIRO AGRADECE O TRABALLO DA HERMANDAD DE MUJERES DE LA SANTA CRUZ NA ELABORACIÓN DOS TAPICES FLORAIS

Viveiro, 20 de xuño de 2022. Viveiro celebrou este domingo o Corpus Christi, unha cita na que os tapices florais embelecen a vila. Esta tradición recuperou a súa celebración habitual tras dous anos limitada pola pandemia.

 

Dende o Concello de Viveiro agradécese o traballo da Hermandad de Mujeres de la Santa Cruz de Viveiro na realización destes tapices florais. Un agradecemento que se estende a todas as persoas que colaboran coa organización, cuxo esforzo mantén viva a tradición dos tapices florais en Viveiro.

 

Á misa do Corpus Christi, celebrada onte na igrexa de Santa María, acudiron o alcalde en funcións, Jesús Fernández; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; varios concelleiros da Corporación Municipal así como membros dos corpos e forzas de seguridade.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar