Soterramento liñas eléctricas e telefónicas

SOTERRAMENTO LIñAS ELéCTRICAS E TELEFóNICAS

O CONCELLO DE VIVEIRO ELABORARÁ UN PLAN DE SOTERRAMENTO DAS LIÑAS ELÉCTRICAS E DE TELEFONÍA NO CASCO HISTÓRICO

Viveiro, 17 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro convocou unha reunión, que terá lugar o 30 de setembro, coa finalidade de comezar a traballar na elaboración dun Plan de soterramento das liñas eléctricas no casco histórico.

Esta convocatoria realízase en virtude do acordo adoptado polo pleno da Corporación en data 12 de novembro de 2019, a partir dunha moción presentada polo concelleiro de Son Viveiro.

A intención é crear unha mesa de traballo composta polos responsables das compañías de electricidade e telefonía, o persoal técnico municipal e as e os portavoces dos diferentes grupos políticos, para a elaboración do citado plan do soterramento.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar