
27
Setembro
SONS DE CELEIRO
O CONCELLO DE VIVEIRO FELICITA AO GRUPO DE VOCES ‘SONS DE CELEIRO’ POLOS SEUS DEZ PRIMEIROS ANOS DE TRAXECTORIA MUSICAL
Viveiro, 26 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro quere felicitar públicamente ao grupo de voces ‘Sons de Celeiro’, que esta fin de semana celebrou un acto para conmemorar os seus primeiros dez anos de traxectoria musical.
“Un exemplo de formación, son a voz de moitas celebracións en Celeiro e representan a todo o pobo de Viveiro cando actúan noutros concellos”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
O repertorio de Sons de Celeiro supera a día de hoxe as 120 cancións e o grupo publicou xa dous discos: Cantares, no 2015, e Cantar ben ou non cantar, no 2018.
Sons de Celeiro, que ten actualmente 14 integrantes, está preparando o seu terceiro disco.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro