
13
Xaneiro
SERVIZOS FINANCEIROS
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE O XOVES 19 UNHA XORNADA SOBRE SERVIZOS FINANCEIROS
Viveiro, 12 de xaneiro de 2022. O Concello de Viveiro acolle o vindeiro xoves día 19, ás 17:00 horas, unha Xornada Informativa sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras en servizos financeiros.
O obxectivo deste encontro, que forma parte da campaña do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, é achegar á poboación de Viveiro información e asesoramento en materia bancaria e financeira.
A Xornada levarase a cabo na sala Multiusos do Concello de Viveiro e é de acceso gratuíto, aberto a toda a veciñanza.
Saúdos, Comunicación do de Viveiro