
10
Novembro
SERVIZOS DE AXUDA A CONFINADOS
O CONCELLO DE VIVEIRO LEMBRA QUE ESTÁN ACTIVOS OS SERVIZOS PARA DEPOSITAR O LIXO NA RÚA OU COMPRAR ALIMENTOS E MEDICIÑAS PARA OS FOGARES NOS QUE NINGÚN MEMBRO PODE SAÍR
Viveiro, 9 de novembro de 2020. O Concello de Viveiro lembra aos veciños e veciñas que o Concello de Viveiro dispón dun servizo, prestado por Protección Civil e seguindo un protocolo establecido, para axudar a aquelas familias afectadas pola COVID19, cando ningún dos seus membros pode saír á rúa, para poder depositar ás bolsas de lixo nos contenedores.
Trátase dun servizo do que xa están facendo uso varias familias e que pode solicitarse chamando ao teléfono 982570909.
Por outra banda, lémbrase que dende o departamento de Servizos Sociais tamén se presta axuda a aqueles afectados que non dispoñan de familiares que os poidan axudar para cubrir as necesidades urxentes, como pode ser alimentación ou medicinas. O teléfono do Centro de Servizos Sociais é 982550421.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro