
05
Abril
SEMANA SANTA DO NENOS 2018
SEMANA SANTA DOS NENOS
Os días 6 e 7 de abril de 2018 terá lugar unha nova edición da Semana Santa dos Nenos. Sairá ás 18:30 horas dende Campo de Urraca e está previsto que participen uns 200 nenos, que portarán réplicas en miniatura dos pasos máis destacados da nosa Semana Maior. Esta é unha oportunidade única para desfrutar da implicación dos máis pequenos nunha das nosas celebracións máis significativas, comprobando que a continuidade da Semana Santa de Viveiro está máis que garantida.