SELO DE CORREOS DEDICADO A MARUJA MALLO

SELO DE CORREOS DEDICADO A MARUJA MALLO

VIVEIRO ACOLLE A PRESENTACIÓN DO SELO DE CORREOS DEDICADO A MARUJA MALLO

Viveiro, 15 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro acolleu esta mañá a presentación do selo dedicado á viveirense Maruja Mallo, unha das grandes expoñentes do cubismo e o surrealismo en España ademais dunha firme defensora dos dereitos das mulleres.

 

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, presidiu o acto no que tamén estiveron presentes a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas; ademais do cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo, e a directora de Filatelia de Correos, Leíre Díez.

 

“Son moitas as propostas que se poden facer na loita pola participación da muller dentro da sociedade, pola súa emancipación e o seu desenvolvemento pleno como persoa. Todas axudan e todas son importantes. Falar da figura de Maruja Mallo a través dun selo é unha delas”, aplaudiu María Loureiro.

 

A emisión deste selo inclúese dentro da serie “Mujeres en el arte” e pertence á colección de #8MTodoElAño dedicada a mulleres emblemáticas na loita pola igualdade.

 

O selo dedicado a Maruja Mallo terá unha tirada da 125.000 obras e tanto o mataselo como o sobre estarán a disposición de todos os interesados na Oficina de Correos de Viveiro. Tamén se pode adquirir a través de Correos Market, contactando co Servicio Filatélico no e-mail atcliente.filatelia@correos.com ou chamando ao 915 197 197.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar