ROMARÍA DO NASEIRO

ROMARÍA DO NASEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO COORDINA A SEGURIDADE DA ROMARÍA DO NASEIRO

Viveiro, 23 de agosto de 2022. O Concello de Viveiro celebrou hoxe a reunión de seguridade con motivo da celebración da Romaría do Naseiro, que comeza este venres e que se estenderá ata o próximo martes 30 de agosto.

 

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o primeiro tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, reuníronse coa organización, Protección Civil, así como cos Corpos e Forzas de Seguridade.


Na reunión tratáronse as distintas medidas a adoptar en materia de seguridade de cara á celebración do evento. Entre outros aspectos, valorouse o reparto de efectivos nos distintos puntos da romaría, un aspecto coordinado co vixilancia do resto do municipio. Como novidade, alén dos aseos xa existentes, instalaranse 12 novos baños para a ocasión.

 

Ademais, grazas á xestión do Concello de Viveiro coa Cruz Vermella, unha ambulancia estará presente durante a celebración. Tamén se habilitará un punto lila, para sensibilizar sobre as agresións sexuais.

 

O Concello confirma ademais que haberá servizo de recollida de enseres, de grúa e estanse a realizar os trámites para que unha dotación de bombeiros permaneza na zona de forma continuada.


Dende o Concello de Viveiro, quen colabora ademais coa organización economicamente, agradece o esforzo da Comisión de Festas nesta celebración, que reúne a milleiros de persoas na vila.


Ademais, o goberno local traslada o seu agradecemento ás Forzas e Corpos de Seguridade, así como a Protección Civil, que velarán nestes días pola seguridade da cidadanía.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar