
26
Abril
REUNION XUNTA SEGURIDADE
Dª MARIA LOUREIRO GARCIA, ALCALDESA DO CONCELLO DE VIVEIRO, informa que
No día de hoxe tivo lugar a reunión convocada por esta Alcaldía para falar das medidas de seguridade a adoptar durante a Celebración de Baloncesto en Categoría Junior Feminino, que terá lugar entre os días 6 e 10 de maio, e o Correlingua, que este ano se celebra en Viveiro e que terá lugar o 9 de maio de 2017.
Na xuntanza, ademais desta Alcaldía, estiveron presentes os concelleiros Emilio Villarmea Méndez e María del Carmen Franco Díaz; a Policía Local; Protección Civil; o Encargado do Departamento de Obras; a Policía Nacional; a Garda Civil e membros da organización de ambos eventos.
A alcaldesa
María Loureiro García