
30
Marzo
REUNION DE VOCEIROS
A alcaldesa e os voceiros dos distintos grupos políticos reuníronse para falar da nova Ordenanza de Taxis
A Alcaldesa convocou aos voceiros dos distintos grupos políticos municipais a unha reunión, celebrada no día de hoxe, para falar da nova Ordenanza de Taxis e valorar a proposta presentada polos taxistas do municipio, na que se pretende que o concello amortice sete das vinte e dúas prazas existentes.