REUNIÓN DE SEGURIDADE DA CAMOVI

REUNIÓN DE SEGURIDADE DA CAMOVI

O CONCELLO DE VIVEIRO PRESIDE A REUNIÓN DE SEGURIDADE DA CAMOVI QUE SE CELEBRA ESTE DOMINGO

Viveiro, 20 de abril de 2023. O Concello de Viveiro acolleu esta mañá a reunión de seguridade con motivo da celebración, o vindeiro domingo día 23, da CAMOVI - Carreira Montes de Viveiro.

O primeiro tenente de alcalde, Suso Fernández, presidiu a reunión á que acudiron representantes da Policía Nacional, Garda Civil de Viveiro, Garda Civil do Tráfico, Garda Civil do Mar, do Parque de Bombeiros de Viveiro, da Policía Local, e de Protección Civil, xunto a membros do Departamento Municipal de Obras e da organización da proba.

“A Camovi é unha das citas máis destacadas no calendario deportivo de Viveiro. Son máis de mil os participantes e milleiros as persoas que se achegan ata a vila para acompañalos ou para desfrutar dela, así que consideramos que é a nosa responsabilidade coidar de que o fagan de forma segura”, subliña Suso Fernández.

“Agradecemos un ano máis a todos os que forman partes deste dispositivo a súa vontade de colaboración e a súa dispoñibilidade”, engade o tenente de alcalde.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar