
17
Xuño
REUNIÓN CO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO
O CONCELLO DE VIVEIRO MANTÉN UNHA REUNIÓN COA XUNTA PARA TRASLADARLLE A NECESIDADE DE VIVENDAS SOCIAIS E AVANZAR NA DECLARACIÓN DO CASCO HISTORICO COMO ÁREA REXURBE
Viveiro, 15 de xuño de 2024. O Concello de Viveiro mantivo en Santiago unha reunión solicitada pola alcaldesa, María Loureiro, co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), da Xunta de Galicia, para avanzar en varios temas importantes para a vila.
Na reunión participaron a alcaldesa, a tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, Heriberto García, director xeral do IGVS, e a directora da Oficina de Rehabilitación do casco histórico de Viveiro, Irene Fernández.
“Temos agora mesmo en Viveiro 59 persoas demandantes de vivenda social e o IGVS trasladounos que licitará no mes de xullo o inmoble da rúa Rosalía de Castro para convertilo en vivendas sociais”, explica María Loureiro.
Na reunión, falouse tamén dos trámites necesarios para a declaración do casco histórico de Viveiro como Área Rexurbe, o que abriría o camiño para revitalizar a zona a través da rehabilitación.
O concello quere tamén convertir en Área de Rehabilitación Integral (ARI) o casco de Celeiro, outro dos temas dos que se falou no encontro.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro