RESURRECTION FEST 2022

RESURRECTION FEST 2022

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE A PRESENTACIÓN DO RESURRECTION FEST 2022 E UNHA REUNIÓN DA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE PARA PECHAR O DISPOSITIVO ESPECIAL

Viveiro, 27 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro acolleu esta mañá unha reunión da xunta local de seguridade para concretar e pechar o dispositivo especial que se porá en marcha durante o Resurrection Fest 2022, que se celebra desde o mércores, 29 de xuño, ata o domingo.

Na reunión estiveron a alcaldesa, María Loureiro; a subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o tenente de alcalde, Xesús Fernández, membros da organización do festival e representantes das forzas de seguridade.

As previsións son moi boas e Viveiro recibirá esta semana a milleiros de persoas, xa que o Resurrection é un festival de referencia internacional. Será un evento que repercutirá moi positivamente na economía local.

A xunta concretou esta mañá todos os detalles para garantir a seguridade e durante os días de festival haberá algunhas modificacións no tráfico, polo que o concello pide disculpas polas molestas que poidan ocasionar.

Posteriormente, no acto de presentación oficial do Resurrection Fest 2022, a alcaldesa de Viveiro destacou “a convivencia entre os asistentes ao festival e os nosos veciños, aos que quero agradecer a súa colaboración”.

“Quero poñer en valor ademais o traballo da organización e lembrarme do anterior alcalde, Melchor Roel, por apostar por este festival; por último, agradecer o apoio da Deputación de Lugo, a Xunta e os patrocinadores privados”, engadiu.

O concello lembra os seguintes cambios ou modificacións na circulación:

-Rúa Lavandeiras: habilitarase dobre sentido de circulación desde a Conserveira ata a intersección con Avd. Ramón Canosa (Praza Naufrago) desde o luns 27 de xuño ata o martes 5 de xullo.

-Avd. de Ramón Canosa: tramo que discorre por diante da Consellería do Mar de Celeiro, comprendido entre a Depuradora e o cruce da piscina. Verase restrinxida a circulación (só permitida para autorizados) durante a celebración do Festival (de mércores a domingo).

-O venres día 1 de xullo celebrarase o mercado de feira na explanada de estacionamento da Variante, como é habitual, polo que se necesitará que, en horario de 06:00 horas a 16:00 horas, esté libre de vehículos para que se poidan montar os postos do mercado e realizar os labores de limpeza unha vez finalice.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar