REPOSICIÓN DAS BEIRARRÚAS EN MAGAZOS

REPOSICIÓN DAS BEIRARRÚAS EN MAGAZOS

O CONCELLO DE VIVEIRO DÁ COMEZO Á REPOSICIÓN DAS BEIRARRÚAS DA LU-540 AO SEU PASO POR MAGAZOS

Viveiro, 20 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro dá comezo ás obra de renovación as beirarrúas no tramo da estrada LU-540 entre o museo de cerámica Regal Xunqueira e o local de Severiano Agrocomercial. Trátase dun percorrido de 750 metros ubicado na parroquia de Magazos.

Estas obras, anunciadas no pasado mes de decembro, supoñen un investimento total de 110.795,19€. Serán executadas pola empresa López y Leis S.A. cun prazo de execución de tres meses.

As actuacións, que xa están sendo executadas, inclúen a demolición do pavimento actual, a colocación dun novo bordo de formigón, a construción dunha nova beirarrúa de formigón impreso de 15cm de espesor, a instalación de pavimento podotáctil nos puntos necesarios e a substitución das bocas de rega existentes.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, sinalou que a obra “permitirá mellorar a seguridade e a accesibilidade para a veciñanza, dúas das grandes prioridades do noso Goberno local no que se refire ás infraestruturas do municipio”.

Por outra banda, a tenenta de alcaldesa e concelleira de Obras e Infraestruturas, Míriam Bermúdez, destacou que os traballos “permitirán mellorar ademais a rede de abastecemento, evitando deste xeito as avarías e problemas que esta estaba a sufrir na zona”.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar