16
Decembro
RECOLLIDA DE XOGUETES, MATERIAL ESCOLAR E LIBROS CON FINS SOLIDARIOS
O CONCELLO DE VIVEIRO E CRUZ VERMELLA DAN COMEZO Á SÚA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES, MATERIAL ESCOLAR E LIBROS
--A recollida será ata o 26 de decembro de 9:00 a 15:00 na OMIX, ubicada na Casa do Concello
Viveiro, 16 de decembro de 2024. O Concello de Viveiro dá comezo á súa tradicional campaña de Nadal de recollida de xoguetes, material escolar e libros infantís e xuvenís con fins solidarias, organizada conxuntamente con Cruz Vermella.
O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada na Casa do Concello, en horario de 9:00 a 15:00 horas. Recollerase o material ata o día 26 de decembro.
"Un ano máis poñemos en marcha esta iniciativa solidaria para axudar á cativada con menos recursos, coa fin de garantir de o Nadal sexa unha época de ledicia para todas as persoas de Viveiro", sinala a alcaldesa María Loureiro.
A campaña servirá para recolectar xoguetes, puzzles e outros materiais novos ou seminovos coa embalaxe orixinal e doalos a familias desfavorecidas, baixo o lema "ningún neno/a sen xoguetes novos". Os materiais non deberán estar empaquetados previamente.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro