
27
Abril
RECICLA RESPIRA E SUPéRATE
O Concello de Viveiro, unese a o reto "RECICLA RESPIRA E SUPÉRATE"
A campaña “Recicla, Respira e Supérate”, mediante a cal se propón a 15 concellos galegos o reto de mellorar nun 10% a recollida selectiva de residuos do contedor amarelo. Os concellos que o logren obterán unha recompensa económica para destinar a unha causa social. A campaña foi presentada pola Directora Xeral de Calidade Ambiental e polo Director de Xestión Local e Autonómica de Ecoembes.
O Concello de Viveiro, un dos catro elexidos da provincia de Lugo, acepta encantado o reto no seu firme obxectivo de mellorar o medio ambiente
A campaña arrincará o vindeiro 2 de maio e prolongarase durante 3 meses, durante os cales haberá diferentes accións, tanto formativas como divulgativas, co fin concienciar á cidadanía.
Dende o concello pedimos a colaboración de todos os veciños para superar o reto e facer de Viveiro un concello punteiro na reciclaxe.