
31
Maio
PUNTO LIMPO
O CONCELLO DE VIVEIRO FAI UN CHAMAMENTO Á RESPONSABILIDADE CIDADÁN PARA EVITAR O DEPÓSITO DE ENSERES NO EXTERIOR DO PUNTO LIMPO
Viveiro, 31 de maio de 2022. O Concello de Viveiro apela á responsabilidade e conciencia medioambiental para evitar o depósito de enseres no exterior do punto limpo.
Os luns é frecuente atopar gran cantidade de lixo depositado no exterior do punto limpo, polo que se apela á responsabilidade de todos para evitar este tipo de condutas.
Neste sentido, lémbrase que o punto limpo permanece aberto de luns a sábado, en horario de mañá e tarde. Ademais, préstase un servizo de recollida de enseres a domicilio, tamén gratuíto, para o que é preciso anotarse previamente chamando ao concello.
Dende o concello faise un chamamento público á veciñanza para que actúe con responsabilidade e deixen de sucederse, dunha vez por todas, esas actitudes incivícas e irrespetuosas co medio ambiente. Advírtese, ademais, de que o concello xa adoptou as medidas oportunas para identificar ás persoas responsables destes actos.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro