
30
Decembro
PROGRAMACIÓN CULTURAL
O CONCELLO DE VIVEIRO SUSPENDE A PROGRAMACIÓN CULTURAL PREVISTA NO NADAL POLA SITUACIÓN DE PECHE PERIMETRAL E AS RESTRICIÓNS IMPOSTAS POLA XUNTA
Viveiro, 30 de decembro de 2020.O Concello de Viveiro informa da suspensión desde esta mesma tarde de toda a programación cultural que estaba prevista para o Nadal, debido á situación do peche perimetral e as restriccións impostas pola Xunta de Galicia.
O concello mantén únicamente aberto o belén ‘Viveiro ante o Berce’ por ser nun espazo aberto e ao aire libre no que se conta cun protocolo Covid.
A Concellaría de Cultura traballa para que o Día de Reis haxa algunha sorpresa, pero sempre con total seguridade e dentro do protocolo e das medidas establecidas, co fin de poder manter a maxia dese día para todos os nenos e nenas.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro