
04
Outubro
PROGRAMA ‘RECONECTA-TE’
O CONCELLO DE VIVEIRO PON EN MARCHA O PROGRAMA ‘RECONECTA-TE’ CON DIFERENTES ACTIVIDADES PARA AS PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS
Viveiro, 3 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas, e no marco deste obxectivo pon en marcha o programa ‘Reconécta-te’ para as persoas maiores de 65 anos.
O programa inclúe nas próximas semanas clases de iniciación ós bailes de salón, ioga para maiores e un taller dinámico de nutrición e actividade física. Ademais, o 23 de outubro haberá unha tarde de festa.
“Traballamos desde hai tempo para impulsar o envellecemento activo e para elo organizamos desde o concello estas actividades, dirixidas a homes e mulleres a partir de 65 anos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Todas as sesións serán na sala multiusos do Concello de Viveiro, con diferentes horarios para adaptarse ás necesidades das persoas interesadas.
As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse ata o 10 de outubro, presencialmente de 09:00 a 14:00 horas na casa do concello, no teatro Pastor Díaz ou enviando un correo electrónico a rbg.cultura@viveiro.es
MÁIS INFORMACIÓN NO CARTEL ADXUNTO
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro