
19
Xullo
PROGRAMA DE ADOPCIóNS ESPECIAIS
D. Jesús Fernández Fernández, Alcalde en funcións por delegación do 8 de xullo de 2019, INFORMA
Que o vindeiro martes, 23 de xullo, ás 18:00 horas, na sala multiusos da casa do concello, a Fundación Meniños impartirá unha charla sobre o programa de adopcións especiais, que ten como finalidade a promoción da adopción de nenos, nenas e adolescentes que teñen dificultade para ver satisfeito o seu dereito a vivir en familia, explicando ás persoas que poidan estar interesadas en qué consiste este tipo de adopción e a labor de información, formación, orientación, acompañamento e apoio que dende a fundación se presta ás familias interesadas en participar neste programa.
Viveiro, 19 de xullo de 2019.
A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García