PROCESO SELECTIVO PARA UNHA NOVA PRAZA DE ADMINISTRATIVO

PROCESO SELECTIVO PARA UNHA NOVA PRAZA DE ADMINISTRATIVO

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE UN PROCESO SELECTIVO PARA UNHA NOVA PRAZA DE ADMINISTRATIVO

Viveiro, 21 de xaneiro de 2022. O Concello de Viveiro puxo en marcha hai semanas un proceso selectivo para aumentar a plantilla municipal cunha nova praza de administrativo.

 

En concreto, onte pola tarde no pavillón Antonio Tarrío, do IES Vilar Ponte, tivo lugar o primeiro exame deste proceso selectivo para unha praza de administrativo, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa e clase media, mediante o sistema de oposición en turno libre.

 

Dentro das súas competencias, o Concello de Viveiro organiza durante todo o ano diferentes procesos selectivos para aumentar a plantilla de traballadores municipais e dar o mellor servizo posible aos seus veciños e veciñas.

 

A proba realizouse con normalidade e seguindo os protocolos COVID establecidos.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar