PRAZA DE ADMINISTRATIVO

PRAZA DE ADMINISTRATIVO

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA A CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO

Viveiro, 7 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro informa que no Boletín Oficial do Estado de hoxe, día 7 de outubro de 2021 publicouse o anuncio referente á convocatoria para prover unha praza de administrativo/a, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa e clase media, mediante o sistema de oposición, en turno libre.


 

A convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) número 209, de data 10 de setembro de 2021, publicándose no BOP número 214, de data 16 de setembro de 2021, a corrección de erros das referidas bases.


 

As bases están recollidas nos seguintes Boletíns Oficiais da Provincia, 10/09/2021 http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/10-09-2021.pdf#page=20 e a corrección de erros do 16/09/2021: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/16-09-2021.pdf#page=10


 

Así mesmo, publicouse un extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia número 184, de data 23 de setembro de 2021.


 

O prazo para a presentación das solicitudes é de 20 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), é dicir a partir deste venres 8 de outubro, dita data tamén será a que marque o prazo de presentación de instancias. O anuncio no BOE está dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/2021/10/07/pdfs/BOE-A-2021-16320.pdf


 


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar