29
Novembro
POSTOS DISPOÑIBLES ABERTOS PARA VISITAS ESTE SÁBADO
OS POSTOS DISPOÑIBLES DA PRAZA DE ABASTOS DE VIVEIRO ESTARÁN ABERTOS ESTE SÁBADO PARA VISITAS
--O prazo de solicitude para a concesión destes postos está aberto ata o día 14 de xaneiro
Viveiro, 29 de novembro de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro informa de que mañá, sábado 30 de novembro, os postos dispoñibles na Praza de Abastos de Viveiro estarán abertos ao público en horario de 9:00 a 14:00.
"Isto é unha oportunidade única para as persoas emprendedoras interesadas en formar parte da actividade comercial da Praza de Abastos, polo que as animo a achegarse mañá e coñecer de primeira man este espazo clave para o comercio local de Viveiro", destacou Iria Cotelo, concelleira de Comercio.
Esta xornada permitirá ás persoas interesadas visitar as instalacións, coñecer os espazos dispoñibles, a súa distribución e as condicións relativas aos seus metros cadrados de superficie e prezo do canon anual.
Lémbrase que o prazo para presentar solicitudes para a concesión destes postos, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, está aberto desde o pasado 26 de novembro e finalizará o 14 de xaneiro de 2025.
A concesión de uso privativo terá un prazo inicial dun ano, prorrogable por outro ano sempre que non se inicien as obras de remodelación da praza. Permitirase a venda directa de calquera tipo de produto, sempre e cando se realice atención directa ao público desde o propio posto.
Haberá un total de nove postos dispoñibles para a súa concesión. Para máis información pódese contactar co Concello no número de teléfono 982 560 128 ou no Departamento de Contratación.
Saúdos Comunicación Concello de Viveiro
Foto de iSAW Company en Unsplash