Peche piscina

PECHE PISCINA

O CONCELLO DE VIVEIRO MANTÉN PECHADA A PISCINA MUNICIPAL PARA PRESERVAR A SAÚDE DA VECIÑANZA E Á ESPERA DE QUE CAMBIEN AS MEDIDAS IMPOSTAS PARA ESTE TIPO DE INSTALACIÓNS

Viveiro, 18 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas que, polo momento, a piscina municipal permanecerá pechada.

Esta decisión adoptouse tendo en conta as especiais características das súas instalacións e atendendo as medidas específicas que as autoridades competentes esixen para a súa apertura polo que, non sendo posible garantir o seu cumprimento, manterase nesta situación para preservar a seguridade e saúde pública.

Nestas circunstancias, estase aproveitando para facer labores de mantemento, atendendo, ademais, ás necesidades específicas que estas instalacións requiren polo feito de levar un longo período de tempo pechadas, o que motivou, entre outras cuestións, que fose necesario proceder ao baleirado da auga da piscina.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar