
06
Xuño
PASEO FLUVIAL DE XUNQUEIRA
Obras de arranxo da pasarela de madeira do paseo fluvial de Xunqueira
O Concello de Viveiro informa que o vindeiro luns, 6 de xuño, comezarán as obras de arranxo da pasarela de madeira do paseo fluvial de Xunqueira, entre o pantalán e Portochao. A realización destas obras ten unha duración prevista de quince días.
Como consecuencia desta actuación, pecharase o acceso ao paseo naquela zona na que se estea traballando en cada momento.
Dende o goberno municipal pídense desculpas polas molestias que poida ocasionar a execución destas obras.