ORZAMENTOS MUNICIPAIS

ORZAMENTOS MUNICIPAIS

A PARTIDA DE GASTO SOCIAL NOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE VIVEIRO ASCENDE A 1.880.000 MILLÓN, CON ESPECIAL ATENCIÓN AOS MAIORES, DEPENDENTES E FAMILIAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN

Viveiro, 10 de abril de 2021. O Concello de Viveiro aprobou nun pleno celebrado esta semana os Orzamentos Municipais para o presente exercicio.

Trátase duns orzamentos de emerxencia e esencialmente sociais, nos que o peso da partida destinada a servizos sociais, que ascende a 1.880.000 millóns de euros, ocupa un lugar destacado. Saíron adiante grazas ao acordo do grupo de goberno con Por Viveiro.

“Nestes tempos de pandemia, a prioridade do concello ten que ser a protección social das familias, maiores, dependentes ou colectivos en risco de exclusión; non podemos deixar a ninguén atrás”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Grazas aos case 1,9 millóns de euros da partida pódense desenvolver os seguintes programas: Información e asesoramento, centro de información á muller, atención á poboación inmigrante (asesoramento xurídico, atención social e medidas de inserción), plan de inclusión social, escola infantil municipal, voluntariado social e xuvenil, etc.

Dentro desta partida destaca a cantidade 1.177.848 euros que van destinados ao Servizo de Atención ao Fogar (SAF), incluíndo o servizo de libre concorrencia e o servizo de dependencia. Neste sentido cómpre destacar que o Concello de Viveiro destina parte do Plan Único da Deputación de Lugo para 2021 á xestión do SAF de Libre Concorrencia, por un importe de 200.000 euros.

Dentro dos presupostos aprobados consignase, ademais, unha partida adicada a emerxencia social para as familias en perigo de exclusión social e  institucións sen fins de lucro, por un importe de 45.000 euros.

Finalmente, dentro do capítulo de servizos sociais, na área de atención ao alzheimer, inclúese unha subvención nominativa para a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFA) por un importe de 15.000 euros.

Saúdos, Comunicación de Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar