OBRADOIROS GRATUÍTOS DE SEMANA SANTA PARA NENOS E NENAS

OBRADOIROS GRATUÍTOS DE SEMANA SANTA PARA NENOS E NENAS

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA O PROGRAMA DE OBRADOIROS GRATUÍTOS DE SEMANA SANTA PARA NENOS E NENAS

Viveiro, 29 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos aos nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos de idade.

O obxectivo é ofrecer unha proposta de lecer e convivencia durante as vacacións escolares dende o próximo luns, día 3 de abril, ata o mércores 5, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Dende o Concello de Viveiro propoñemos de novo estes obradoiros que son moi ben recibidos tanto polos cativos, que encontran neles un tempo de diversión e de aprendizaxe, e tamén polas familias”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

Estes obradoiros de Semana Santa son de balde, pero para participar cómpre realizar a inscrición por WhatsApp no teléfono 654 208 333.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar