
14
Decembro
OBRADOIROS DE NADAL
O CONCELLO DE VIVEIRO AMPLIA ATA AS 60 PRAZAS OS OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS E NENAS DE 4 A 12 ANOS
Viveiro, 12 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro pon en marcha os Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 4 a 12 anos, que nesta ocasión amplían a súa oferta ata as 60 prazas. En total son 8 as actividades que se ofrecen dende o luns 26 de decembro ata o mércores 4 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Os Obradoiros de Nadal organizados da man de Eureka son de balde para a rapazada e cada neno e nena pódese inscribir en dous talleres, pero no caso de desexar participar máis días quedaría apuntado nunha lista de agarda á que se recorrerá de quedar vacantes.
“Estes Obradoiros están enfocados ao Nadal co desexo de que os nenos e nenas se divirtan nestas datas tan especiais para todos”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura, que anticipa que en breve publicarase tamén toda a programación de Nadal do Concello de Viveiro.
As temáticas dos talleres van dende a realización de adornos de Nadal, de experimentos, bromas, unha ginkana, unha festa de fin de ano, cociñado de dulceiros, diversión con música e moitos xogos.
As inscricións realizaranse mediante formulario online que se pode solicitar no número de whatsapp 654 20 83 33.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro