-zaffyaeaezgyqe.jpeg)
19
Maio
OBRADOIRO DE CANTO CORAL
VIVEIRO ACOLLE O CONCERTO DO OBRADOIRO DE CANTO CORAL CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS 2021
Na tarde de onte, a sala multiusos do Concello de Viveiro acollía o concerto do obradoiro de canto coral do Conservatorio Profesional de Música Municipal, enmarcado na programación do goberno local para celebrar o Día das Letras Galegas.
O evento, no que se enxalzou a figura de Xela Arias, escritora á que se lle dedica a data este 2021, contou coa participación dos intérpretes Rosa Lage e Víctor Rolle. Mentres recitaban, estiveron acompañados polo músico Lino Rico, profesor ademais do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Dende o Concello de Viveiro agradécese a implicación dos intérpretes e participantes, así como do profesorado do conservatorio e de todos os asistentes, que contribuíron a reivindicar a figura da escritora.
GRAZAS POLO VOSO INTERESE!