OBRA PÚBLICA NA MARIÑA

OBRA PÚBLICA NA MARIÑA

O CONCELLO DE VIVEIRO LIDERA A LICITACIÓN DE OBRA PÚBLICA NA MARIÑA NO PRIMEIRO SEMESTRE DO 2024

Viveiro, 9 de outubro de 2024. O Concello de Viveiro lidera a licitación de obra pública entre os meses de xaneiro e xuño de 2024 cun investimento de 916.977 euros, segundo os datos feitos públicos pola Federación Galega da Construción (Fegacons).

“Son datos que reflicten moita xestión por parte do concello, e xa traballamos en novas licitacións para mellorar os servizos e infraestruturas públicas”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Os resultados que estamos a acadar son o reflexo dunha planificación rigorosa e da capacidade de captar subvencións, que fan posible impulsar obras esenciais para o futuro de Viveiro”, afirma a tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez.

As obras licitadas son a renovación integral da rúa do Porto de Celeiro; a renovación do Camiño de Riquián-Estrada da Abrela; a renovación da rede de saneamento en A Pena (estrada LU-P6601, en Vieiro); o saneamento do entorno da Cova Lavandeiras, Celeiro; a modificación da instalación de climatización e deshumidificación da piscina municipal de Viveiro, e a instalación de bombeo en Vieiro.

Tamén licitouse o acondicionamento e mellora da Pista de Fontecova; as obras de integración do espazo de skate park en Lodeiro; as obras de mellora do parque da Atalaia, na parroquia de Celeiro; a apertura do parque Pernas Peón ó litoral; o proxecto de mellora do punto limpo de Viveiro; e a reposición das beirarrúas do marxe esquerdo da LU-540 en Magazos.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar