O PUNTO LIMPO PERCORRERÁ AS PARROQUIAS

O PUNTO LIMPO PERCORRERÁ AS PARROQUIAS

O PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE VIVEIRO PERCORRERÁ AS PARROQUIAS NOS VINDEIROS MESES

Viveiro, 4 de decembro de 2023. O Concello de Viveiro informa de que o punto limpo móbil volverá a percorrer as parroquias do municipio a partir de hoxe, luns día 4 de decembro.

Neste vehículo, os veciños e veciñas poderán depositar distintos tipos de residuos que non se poden deixar nos contedores de residuos habituais.

O punto limpo estará dende hoxe onde a escola de Landrove. O día 18 de decembro pasará a situarse nas inmediacións da escola de San Andrés de Boimente.

Ao longo do ano seguinte, ata o mes de maio, visitará diferentes localizacións de Galdo, San Pedro, Valcarría, Chavín, Vieiro, Covas, Misericordia, Faro, Celeiro e Viveiro.

 

Saúdos, comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar