O CONCELLO DE VIVEIRO PRECINTA AS FONTES PÚBLICAS PARA EVITAR CONTAXIOS

O CONCELLO DE VIVEIRO PRECINTA AS FONTES PÚBLICAS PARA EVITAR CONTAXIOS

Vista á nota informativa sobre abastecementos de auga de consumo público con motivo da alerta sanitaria por COVID-19, ditada en data 3 de abril de 2020, pola Dirección Xeral de Saúde Pública, pertencente á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, na que, entre outros aspectos, se fai referencia ás fontes públicas, sinalando que son instalacións onde se pode ter máis contacto coas mans ou a boca e non se pode garantir a ausencia de COVID-19 na superficie das billas e doutros elementos construtivos, e recomendando que non se utilicen mentres dure esta crise sanitaria, ou, nos casos que sexa posible, que se deixen sen funcionamento e se adopten as medidas para evitar o acceso; o Concello de Viveiro, no día de hoxe, procedeu ao precintado das fontes públicas publicando un bando informativo no que se dá conta desta medida e se indica que, en cumprimento do disposto na referida nota informativa, por motivos de seguridade e saúde pública, as fontes públicas non poderán ser utilizadas.

Viveiro, 5 de abril de 2020.

A Alcaldesa

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar