
05
Outubro
O CONCELLO DE VIVEIRO ASINA UN CONVENIO CON ASPANANE
O CONCELLO DE VIVEIRO ASINA UN CONVENIO CON ASPANANE CUNHA ACHEGA DE 15.000 EUROS PARA AS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN
Viveiro, 4 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro asinou un convenio de colaboración con Aspanane (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro), a través do cal achega 15.000 euros para as súas actividades.
Na sinatura do convenio participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Muller e Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega; a presidenta de Aspanane, María Dolores Fernández Perez, e Sonia Corral, directora en funcións de Aspanane.
“O compromiso do Concello de Viveiro coa directiva e a xerencia de Aspanane é absoluto, polo gran traballo que realizan e o seu esforzo diario”, sostén María Loureiro.
Este convenio únese a outras actuacións recentes, como a sinatura dun convenio de colaboración para a pavimentación e drenaxe dos exteriores do Centro Ocupacional de Aspanane.
Estas obras teñen un orzamento de preto de 50.000 euros, dos que a Deputación achega 44.242 euros, correspondendo o resto ao concello.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro