
20
Xullo
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLEU A PRESENTACIÓN DA PRESENTE EDICIÓN DA FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO
No acto estiveron presentes membros da directiva da Asociación Cultural e Deportiva Penalba, o Patrón Maior da Cofradía Santiago Apóstolo, o Concelleiro do Mar e a propia alcaldesa, quen destacou que "a merluza do pincho é un dos produtos gastronómicos máis representativos do noso municipio" e que a festa "é un dos eventos gastronómicos máis importantes da comarca".