
30
Decembro
NOVAS MEDIDAS SANITARIAS NOS ESPAZOS E SERVIZOS MUNICIPAIS
O CONCELLO DE VIVEIRO APLICA NOVAS MEDIDAS SANITARIAS NOS ESPAZOS E SERVIZOS MUNICIPAIS
Viveiro, 30 de decembro de 2020. O Concello de Viveiro informa que vén de adoptar e aplicar as medidas nos servizos e espazos municipais, atendendo á situación actual e ás limitacións establecidas pola Xunta de Galicia.
No decreto axunto, inclúense as medidas específicas que o goberno local acaba de aplicar nas instalacións e servizos pertinentes.
Onte contabilizábanse en Viveiro 60 casos activos por COVID-19. A día de hoxe, aínda non se dispón dos datos oficiais e actualizados. Dende o goberno local informan que se continúan a realizar numerosas PCR, coa fin de detectar posibles casos activos e diminuír a transmisión do virus no municipio.
O Concello de Viveiro pide unha vez máis precaución á cidadanía para que, co esforzo de todos, a situación sanitaria mellore o antes posible.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro