
07
Xullo
NOVA APP DO COMERCIO LOCAL
A ALCALDESA DE VIVEIRO ANIMA AOS VECIÑOS A UTILIZAR A NOVA APP DO COMERCIO LOCAL, CON MÚLTIPLES FUNCIONALIDADES E VANTAXES
Viveiro, 14 de xullo de 2023. Baixo o lema 'Únete ao Club do Comercio Local, Descobre a APP +Top e Goza de todas as súas vantaxes', a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro presentou onte a súa nova APP de fidelización de clientes, 'ViveiroCCH'.
“Unha nova aposta pola modernización e a dixitalización da asociación, que da outro novo paso para adaptarse aos novos tempos”, asegura a alcaldesa, María Loureiro, que anima aos veciños “a utilizar a APP”.
Sorteos, concursos, premios, promocións exclusivas, acumulación de saldo, tarxetas regalo e moito máis nunha única aplicación do comercio local.
Desde a asociación destacan que esta nova plataforma de fidelización dispón de múltiples funcionalidades, tanto para clientes como para asociados, e que será unha ferramenta moi útil para seguir avanzando na dixitalización do comercio local.
A través desta aplicación os comerciantes poderán realizar ofertas, promocións, crear sorteos ou concursos, xerar Tarxetas Regalo para os clientes, acumular saldo coas compras realizadas, e crear campañas circulares creando sinerxias con outros negocios.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro