MONITOR MONITOR-SOCORRISTA

MONITOR MONITOR-SOCORRISTA

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA CUBRIR TEMPORALMENTE PRAZAS DE MONITOR MONITOR-SOCORRISTA

Viveiro, 1 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro anuncia a publicación hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Lugo da convocatoria dun novo prazo de presentación de solicitudes para a selección de persoal, con carácter temporal, para a cobertura provisional das prazas de monitor/a deportivo/a-socorrista da Piscina Municipal.

O obxectivo é cubrir as necesidades urxentes e imprescindibles que se produzan, sempre e cando non sexa posible a súa cobertura con persoal propio municipal.

Con esta nova convocatoria búscase actualizar a lista de emprego vixente, tendo en conta as dificultades para a cobertura temporal de prazas pola escaseza de participantes que figuran nesta lista de emprego.

O prazo para a presentación de solicitudes é de cinco días hábiles.

As bases e o anexo correspondente están publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na páxina web municipal www.viveiro.es.

Saúdos, Comunicación do de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar