MIRADOIROS DA VILA

MIRADOIROS DA VILA

O CONCELLO DE VIVEIRO ORGANIZA PERCORRIDOS POLOS MIRADOIROS DA VILA

Viveiro, 1 de xuño de 2023. O Concello de Viveiro levará a cabo un programa de rutas polos miradoiros da localidade nas fins de semana deste mes de xuño. Nestes percorridos darase a coñecer a importancia natural e paisaxística da vila.

O programa constará dun total de 8 xornadas con percorridos diferenciados, pero sempre permitindo desfrutar dunhas espectaculares vistas do municipio dende as distintas perspectivas que proporcionan as elevacións que rodean o val do Landro.

Estas actividades, que terán lugar os sábados e domingos deste mes, teñen un carácter gratuíto, sendo só necesaria a reserva previa a través do correo electrónico viveirovisitas@gmail.com.

No mesmo correo tamén se poderán consultar calquera información adicional, como a distancia e a dificultade dos itinerarios.

Con este programa de percorridos polos montes que rodean Viveiro, o Concello busca ofrecer a oportunidade, tanto á poboación local como a visitantes, de gozar das panorámicas do municipio e a súa contorna, e tamén do valor natural e a historia dos miradoiros viveirenses.

As rutas que se celebrarán ao longo do mes serán as seguintes:

-Sábado 3 de xuño, Monte Faro. Inicio no aparcadoiro da Praia de Area ás 11:00.

-Domingo 7 de xuño, Penalba. Inicio na Confraría de Pescadores de Celeiro ás 16:30.

-Sábado 10 de xuño, Monte San Roque. Inicio na estación de autobuses ás 11:00.

-Domingo 11 de xuño, Penedo do Galo. Inicio na estación de autobuses ás 16:30.

-Sábado 17 de xuño, Monte Castelo. Inicio na Feira (Galdo) ás 11:00.

-Domingo 18 de xuño, Seixos Brancos. Inicio na Feira (Galdo) ás 16:30.

-Sábado 24 de xuño, Cova da Doncela. Inicio nos Castelos (Praia de Covas) ás 11:00.

-Domingo 25 de xuño, Pena Lobateira. Inicio no Curro do Candaoso (San Andrés de Boimente) ás 16:30.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar